domingo, 5 de septiembre de 2010

Alex Román. Arte puro en 3D

Fai xa algún tempo que descubrín o traballo de Alex Román, un alicantino nacido en 1979 que reálmente se chama Jorge Seva. Ainda que a cousa non é nova creo que é mais que merecido que faga mención do seu traballo, que moitos xa coñeceredes. Este artista é o autor de The Third & The Seventh, unha das marabillas máis incribles e fermosas da historia da infografía e o 3D. Este rapaz creou el so unha das pezas máis sobrecolledoras e perfectas que xamais veredes ata o de agora no mundo da creación gráfica. Non hai palabras para definir o nivel de perfección alcanzado por este portento da creación infográfica. O límite entre o real e o virtual simplemente desaparece e convírtese en puro arte visual...


Podería pasar a vida enteira intentando describir con palabras o que Alex Román foi capaz de facer usando 3dMax, Vray, AfterEffects, Premiere e (sobre todo) o inconmensurable talento do que a natureza dotou a este rapaz... pero non sería capaz de chegar nin a unha mínima parte do que Alex consigue expresar con imaxes e música, da que tamén e compositor. Podedes ver unha entrevista, e algunhas imaxes que vos deixarán patidifusos, aqui. Pero antes diso, a mellor maneira que hai de entender o que digo e o incalculable valor que ten o seu traballo é ver The Third & The Seventh.

Uns apuntes e recomendacións antes de darlle ao play:

- Todo o que vedes no corto é 3D, creación exclusiva de Alex Román, repito, TODO.
- É moi recomendable, por non dicir obligatorio, ver o vídeo a pantalla completa e con son... porque a experiencia de velo por primeira vez é irrepetible. Dura pouco máis de 10 min, así que recoméndovos que busquedes un momentiño para poder velo con tranquilidade e sen interrupcións.

E dito esto, desfrutade...


The Third & The Seventh from Alex Roman on Vimeo.


Cando deixedes de frotar os ollos e consigades pechar a boca podedes visitar a páxina oficial de The Third & The Seventh para coñecer algo máis desta auténtica marabilla. Eu non podo deixar de alucinar cada vez que o vexo (e xa foron unhas cantas).... "pa mexar e non botar gota". So espero que vos guste a metade do que a min.

Saudiños a todos ;)

Anxo

4 comentarios:

Armesto dijo...

Moi boas, Anxo!
Só podo dicir que é incrible... e pregúntome cantos días tivo o PC renderizando...
Gran aporte, é precioso. E recomendabel ver o making off. Tróuxome recordos, xa que é a biblioteca de Exeter, e estiven alí de inmersión linguística o ano pasado ^^.

Un saúdo, seguimos esperando novos modelos ;)!

Trasancos dijo...

Alégrome de que che guste!, que sorte poder estar en vivo na biblioteca de Kahn, ten que ser unha pasada!.

Os novos modelo van tardar un pouco, que estos días ando un pouco liado con outros asuntos, pero xa teño varias cousas en mente :)

Un saudo Andrés! ;)

Armesto dijo...

E por certo, estiven mirando os teus antigos modelos, e o estadio da Malata necesita texturas novas, e así seguro que o colgan. Nos seus tempos creo telo visto en GE, era o teu?

Trasancos dijo...

Ola Andrés... si era o meu, teño que revisar varios modelos antigos, o castelo de San Felipe foi un deles, pero estou un pouco liado e igual non podo poñerme ata dentro duns días... apunto na lista o estadio da Malata, pa que non se me esqueza.. jeje

Saudiños... ;)