lunes, 31 de mayo de 2010

Un descansiño...

Primeiro de todo, graciñas a todos!... síntome moi alagado polas felicitacións e os comentarios (e un pouco abrumado tamén). Como xa dixen, hai moita xente que merecería recoñecementos como este máis ca min. Polo menos espero que esta pequena irrupción mediatica sirva para que se recoñeza o traballo de todos os modeladores que de xeito altruista e grazas ás súas creacións fan de Google Earth o que é.

Quero lembrar a todos aqueles modeladores que tamén "pintan Galiza en 3D" e aos que non se lles recoñeceu como é debido o seu traballo; sodes moitos, e non fago mención expresa de ningún por temor a  deixar inxustamente fora a alguén, pero creo que conseguín reunirvos a case todos nesta modesta colección (desculpade se falta alguén). Non me vai moito esto de dar descursos de agradecemento e tal... pero grazas polo voso traballo!

Pois iso, que despois de todo o asúnto este da inesperada aparición periodística, voume tomar un descansiño para atender algúns asuntos que requiren da miña atención. Voltarei pronto (moi pronto) con novos modelos. Ao mellor deixo algúnha publicación automática programada, pero non temades si observades que hai pouca actividade polo blog durante uns días... estarei de novo por aquí para seguir dando a tabarra cos meus modelos ;)

Vémonos pronto!

Saudos ;)


Anxo

miércoles, 26 de mayo de 2010

... Ao final vai ser que tampouco o fago tan mal

Ainda estou sumido nun estado de estupefacción.... 

Onte recibín unha chamada dende La Voz de Galicia, o periódico de maior tirada en Galiza e un dos de maior tirada en España, propoñéndome unha entrevista polo meu traballo en 3D... despois da miña incredulidade inicial accedín, e o resultado aquí o tedes


O dito... non sei que dicir, sei que hai xente que merece moito máis ca min un recoñecemento como este, e espero que todos os que vos dedicades a facer o mesmo que eu fago teñades o mesmo recoñecimento. O único que me sae dicir é "grazas a todos"....

Espero seguir sendo merecedor de todo isto... cando baixe da nube na que estou.... :P.... 

Grazas de novo

Saudos! ;)

jueves, 13 de mayo de 2010

Novo modelo!, "As Amarelas"

Ola de novo,

Rematei un novo modelo para o barrio de Caranza, en Ferrol. Trátase da unidade veciñal nº 3, popularmente coñecida com "As Amarelas" ou tamén "As Torres". Son 5 torres residenciais que orixinalmente estaban pintadas dunha cor amarela moito máis viva que a actual, á que lle deben o seu sobrenome. Do mesmo xeito, todas as persianas das fiestras era dunha cor azul que lle daba a todo o conxunto un aspecto moi característico. Actualmente a maior parte das persianas foron substituidas polos propietarios das vivendas por outras mais comúns ou de cores diferentes, perdendo o conxunto parte do aspecto peculiar que tiña orixinalmente.


O barrio de Caranza foi construido na década dos 70 para realoxar á poboación do histórico barrio de Esteiro, derribado por unha decisión propia daquelas datas na que non se valoraba a importancia do patrimonio histórico que se perdia. Estas torres foron uns dos primeiros edificios que se construiron no barrio.


Enlace na galería 3D: Unidade veciñal 3 "As Amarelas"

O modelo inclue parte do terreno circundante para adaptalo o máis posible á realidade e á topografía de Google Earth. Tamén encaixa co modelo da unidade veciñal 2 "As Rosas" que xa se encontra na capa 3D.

Agora, as acostumadas imaxes en Google Earth...








Espero que vos guste... 

Saudos ;)

viernes, 7 de mayo de 2010

Rectificar é de sabios....

E iso deberon pensar os revisores de Google que finalmente aceptaron o meu modelo da pasarela peatonal do Porto de Ferrol... Está visto que apelar a decisión serviu de algo, e ademais sen ter que esperar moito, así da gusto!. :)

Saudos ;)

martes, 4 de mayo de 2010

Ceguera??

Pois si, iso debe ser o que padeceron momentáneamente os revisores da galería 3D de Google. E digo isto porque según eles a pasarela do Porto de Ferrol non (NO) existe!. Vale que foi inaugurada fai pouco máis dunha semana, que é algo moi recente e que non é que existan moitas imaxes da ponte peonil rematada. Si fai falta poño eu unhas poucas:





Fotos: Anxo Miján

Vale todo iso,... non sei que ferramentas utilizan para verificar a existencia dos modelos, pero digo eu que  Street View será unha delas non??...

Ver mapa más grande

Pois iso... ceguera.

Non vou a comentar nada sobre os outros "motivos" que deron para non aceptar o modelo, como que está incompleto... que non sei como se pode comprobar iso nun modelo que según eles non existe?...

Por suposto a revisión foi apelada e ademais de fotografías e noticias ao respecto da inauguración envieilles o enlace de Street View onde eles mesmos poden ver a pasarela coas súas propias ferramentas.... a ver si así!.... :-/

Ponte 25 de Abril. Lisboa

Despois de publicar onte o modelo da pasarela atirantada do porto de Ferrol, veume á memoria a Ponte 25 de Abril, que é un dos modelos que realicei en imaxefree.com.


Un pouco de historia...
A Ponte 25 de Abril é unha ponte colgante que cruza o estuario do rio 'Tejo' na cidade de Lisboa. Foi o dictador Salazar o que ordenou as súa construcción no ano 1960, comezando a mesma o 5 de Novembro de 1962 e sendo inaugurado o 6 de Agosto de 1966. Foi a mesma empresa que fixo o Golden Gate de San Francisco a que se encargou da súa construcción. Orixinalmente foi denominado como Ponte Salazar, ainda que  dende a Revolución do 25 de abril de 1974, que restaurou a democracia en Portugal, pasou a ter a súa actual denominación. Con case 2 km de longo, a construcción de aceiro exténdese unindo a beira sur, Almada, coa norte, Lisboa. A parte inferior remodelouse posteriormente para albergar vias de tren.






O modelo:
É un dos modelos máis grandes que realicei polo de agora, pero ainda así tratei de manter o nivel de detalle o máis elevado posible. Actualmente é o modelo escollido por Google Earth para a capa 3D do programa.



Enlace na galería 3D: Ponte 25 de Abril
E as acostumadas imaxes do modelo en Google Earth, onde ademais se poden ver a multitude de modelos 3D cos que conta a fermosísima cidade de Lisboa.








Espero que vos guste...


Saudos ;)

Pasarela do Porto de Ferrol

Aquí está o novo modelo!, é unha pasarela peonil recentemente inaugurada en Ferrol.  Utilicei o complemento "Shape Bender" para conseguir o peculiar e sinuoso percorrido da pasarela. É moi recomendable botarlle un vistazo a este magnífico complemento creado por Chris Fullmer, que permite obter grandes resultados dun xeito sinxelo. Podedes tamén botar un ollo a esta publicación no Blog Oficial de SketchUp que fala sobre este complemento.

A pasarela de estructura metálica e soportada por cables atirantados foi deseñada polo enxeñeiro António González Serrano. Ten uns 250 metros se percorrido e foi inaugurada o pasado 28 de Abril deste mesmo ano.

Foto: Anxo Miján

O modelo:
Para a realización deste modelo utilicei por primeira vez o complemento Shape Bender, tal e como dixen antes, o que resultou de moita utilidade. Hai dúas plataformas de arranque en cada un dos extremos da pasarela con diverso mobiliario urbán, pero debido a configuración do terreno en Google Earth, un dos extremos queda "enterrado", polo que finalmente decidín modelar só unha das plataformas de arranque. Tal vez nun futuro (si o terreno é actualizado) faga algúnhas modificacións para mellorar o modelo.



Enlace na galeria 3D: Pasarela do Porto de Ferrol
A continuación deixo as imaxes de costume.









Espero que vos guste.

Un saudo ;)

lunes, 3 de mayo de 2010

Novo modelo a punto de sair!

Pois iso,... que teño un novo modelo a punto de ser rematado. Trátase dunha pasarela peatonal atirantada situada na entrada do porto de Ferrol e que foi recentemente inaugurada... 

Polo de agora deixovos unha imaxe do modelo, ao que so lle faltan uns poucos detalles.  


En breve máis...  :)