domingo, 17 de julio de 2011

WIP. Modelo en progreso. A Catedral de Santiago de Compostela.

Ola de novo a todos. Sigo co traballo na catedral de Santiago e tal e como prometín, aquí vos traio un pequeno informe de como vai o modelado. A fachada do Obradoiro está prácticamente rematada e xa case completamente texturizada (que leva o seu tempo), a falta de algúns detalles e algunhas esculturas. Tamén comecei coa zona do claustro e os museos, onde xa está prácticamente rematado o claustro gótico e unha das duas torres que o flanquean, a Torre da Vela. Da outra torre, a do Tesouro, simplemente fixen unha aproximación volumétrica. Na fachada que da á praza do Obradoiro tamén fixen algún avance modelando os balcóns, fiestras e ventanas, pero queda moito que facer ainda. 

Como as imaxes se explican mellor do que poda facer eu, aquí deixo unhas cantas para que podades ver o estado actual por vos mesmos.









Como podedes ver, o modelo é bastante detallado, tal e como pretendía. Xa estou comezando a definir as partes nas que o vou dividir para subilo na Galería 3D. Debido ao nivel de detalle tal vez sexa necesaria algunha división máis do que pensaba ao principio, ou incluso pode ser que prescinda do interior, pero iso ireino valorando según vaia progresando. 

Non me extendo máis. Seguirei actualizando a información a medida que vaia progresando co modelado. 

Saudos ;)


Anxo

1 comentario:

Fotos de San Sebastián dijo...

Muy Bueno Anxo ¡¡ se nota tu paciencia, habilidad y entregaaaaaaa ¡ Difícil de Superar... ¡¡

Super ¡¡