Tal e como dixen onte, unha vez rematado (polo de agora) o modelo do Zigurat da película Metrópolis de Fritz Lang, hoxe traio os prometidos renderizados que realicei co programa Artlantis, como o que encabeza a publicación.
Á hora de cargar o modelo no programa de renderizado presentóuseme algún problemiña, xa que había un gran número de copias de compoñentes e o Artlantis non recoñecía a posición correcta de todos eles. Gracias a un conselliño de Alsomar conseguín solucionar o tema, e finalmente puiden xerar as imaxes tal e como quería. Fixen bastantes capturas, pero so vou deixar aquí unha selección (que non son poucas) das que considero as mellores, agardo que vos gusten.
Engadindo un pouco de néboa tampouco quedan nada mal...
E isto é todo polo de agora, espero que vos gustasen. Como xa comentei, retomarei éste modelo no futuro para melloralo, amplialo e completalo, pero polo de agora imos deixar que repouse un pouco.
Voltarei con máis cousas máis adiante, que xa vai sendo hora de mellorar algún que outro modelo vello demasiado desactualizado e que xa precisa de revisión.
Saudos a todos.
Anxo
2 comentarios:
Estupendérrima proposta Anxo...!
Encantoume todo o desenrolo da idea e do modelo final...Moi na liña da atmósfera da peli de F.Lang...Por certo, modelas en Sketch Up e renderizas sempre con Artlantis?...Non probaches o V-Ray para Sketch Up?...Con éste último eu creo que conseguirías uns resultados a nivel de texturas e de luces espectaculares..(mellorando o presente, claro...).
Un saúdo!
Alédome de que che guste Moncho. Contestando á túa pregunta, antes usaba Kerkythea, pero paseime ao Artlantis polo sinxelo e intuitivo que é, ademáis que os resultados son bastante bos e é bastante rápido. Non lle quitei todo o partido posible nestes renders, porque non van ser definitivos, teño pensado mellorar o modelo... de tódolos xeitos tomo nota da recomendación, ei de probar V-ray cando se me presente a opurtunidade, que si me convence cámbiome sen problema! :) Graciñas e saudos! ;)
Publicar un comentario