Aquí estou de novo para dar conta dos traballos finais co modelo do Zigurat da película Metrópolis. Tal e como vos veño contando éstes días, cheguei á parte inferior da torre, a menos definida, e recurrín á miña propia imaxinación para darlle forma, baseándome no pouco que se pode adiviñar das imaxes do filme pero intentando conservar a estética do conxunto.
Como podedes ver, probei a engadír tamén algúns trens parecidos aos que se ven na película, para darlle un pouco máis de autenticidade e así dispoñer tamén doutro referente que de idea da escala da torre.
Evidentemente os viaductos non flotan, así que engandin pilares tamén semellantes aos que se poden ver nalgunha escena do film, e ao mesmo tempo continuei engadindo fiestras e detallando a parte inferior do edificio.
Unha vez que o Zigurat está prácticamente rematado xa, dinme de conta que ao engadir os viaductos creei sin querelo a necesidade de darlle un pouco máis de empaque ... o modelo pedía un entorno que lle dese o caracter que se destila da película, o de unha megalópolis densa e superpoboada. Así que decidín crear un entorno que evitase esa sensación que estaba adquirindo o modelo de flotar en medio de ningures.
Modelei un entorno urbano radial en torno a base da torre. Máis que un modelado en si, é máis ben unha "insinuación" volumétrica dos arredores e de paso fun dando os retoques finais ao modelo do Zigurat en si.
Sin querer, fun creando a necesidade de seguir expandindo o modelo, pero chegados a este punto, onde o Zigurat está básicamente finalizado, e o entorno ten xa unha presencia notable vou dar por finalizada esta primeira versión do modelo. A altura do edificio (si fose real) quedou finalmente establecida en 844 metros. E recopilando datos, as estadísticas do modelo serían as seguintes:
Tamaño: 2,5 Mb
240686 caras (ou polígonos)
672022 aristas
47 compoñentes
28 materiais
E o aspecto final-provisional do modelo sería así:
Para rematar co tema, mañá mostrareivos uns cantos renderizados que fixen con Artlantis, non sin algúns inconvintes derivados da complexidade do modelo que xa vos contarei. Espero que vos gusten.
Saudos
Anxo
No hay comentarios:
Publicar un comentario