martes, 15 de febrero de 2011

Ferrol Vello declarado BIC. Novo modelo no Paseo da Mariña.

Aquí estou de novo cunha moi boa nova. Despois de moitos, moitos anos de trámites o barrio de Ferrol Vello foi por fin declarado BIC pola Xunta de Galicia. Orixe da cidade de Ferrol éste barrio mariñeiro atopábase en completo estado de abandono e ruina. E aínda que xa se perderon varios edificios singulares son moitos aínda os que por sorte están a tempo de ser salvados.

Delimitación do BIC de Ferrol Vello.

O barrio articúlase en torno ao antigo trazado de rúas da vila orixinal de San Xiao de Ferrol, poboación mariñeira anterior aos arsenais e os asteleiros, unha pequena vila de pescadores que aínda conserva nalgunhas das súas rúas ese ambiente propio dos pequenos pobos pesqueiros galegos, como podedes apreciar nas seguintes imaxes deste fermoso e esquecido recuncho de Ferrol:



Foto de: borreiroscm

Por sorte aínda chegamos a tempo para recuperar este tesouro esquecido, e para celebralo, que mellor que un novo modelo?. Pois aquí o tedes, un dos edificios máis singulares do Paseo da Mariña, dentro de Ferrol Vello e parte da fachada marítima do barrio.


O edificio, a parte de ser o máis alto do entorno do peirao de Curuxeiras, está construido sobre a confluencia da Rúa Carmen Curuxeiras co Paseo da Mariña, que se resolveu cun paso que atravesa a construcción polo medio. É tamén destacable o feito de que o Camiño Inglés de peregrinación a Santiago de Compostela comeza exactamente neste punto, xusto debaixo do arco de entrada á rúa Carmen Curuxeiras. Coidei o detalle do modelo tal e como veño facendo nos meus últimos traballos, modelando a práctica totalidade das fiestras do edificio, tal e como podedes apreciar nestas imaxes sen as texturas:





Aquí tedes unhas imaxes do modelo con textura e o enlace na galería 3D:




E agora, e xa para rematar esta longa publicación de hoxe, as acostumadas imaxes do modelo e o seu entorno en GE:





E isto é todo por hoxe, agardo que vos guste. Espero voltar pronto con máis modelos.

Saudos a todos ;)

Anxo.

4 comentarios:

TANTUNNY dijo...

Hi Miján, I am just try to show your useful blog to the Chinese in Mainland China. Due to the bolgger is always blocked. You know that your articles are useful and photos are beautiful.

Trasancos dijo...

Thank you very much Weiyu! ;)

Armesto dijo...

Noraboa polo modelo, Anxo! Están quedando ben con ese nivel de detalle, a verdade.

Ah, e noraboa tamén polo público internacional, hehe ;)

Un saúdo!

joyteeth dijo...

wow! great model perfectly textured !