Ola de novo, volvo cun novo modelo no Paseo da Mariña. Desta vez trátase dun pequeno edificio de estilo racionalista no que se atopa o Café Marte. Está situado entre as rúas do Cristo e Benito Vicetto. Esta construcción é unha peza máis na fachada marítima do barrio de Ferrol Vello.
Realicei o modelo co nivel de detalle que ven sendo habitual últimamente, tal e como podedes ver a continuación:
E agora con texturas:
A pesar do detalle de modelado e o nivel das texturas conseguín que o modelo pese tan so 298 Kb en Google Earth, o que non está nada mal.
Aquí tedes o modelo co enlace á Galería:
Enlace á Galería 3D: Edificio no Paseo da Mariña. Café Marte
E aquí remato por hoxe, seguramente o proximo modelo non estará moi lonxe destes, por aquelo de completar o conxunto. Espero voltar pronto con máis.
Saudos a todos! ;)
Anxo
4 comentarios:
Está usted de lo más prolífico!
Jejeje.... deja que aproveche ahora que estoy en racha, que ya vendrán tiempos de sequía... :P
A verdade, está quedando un paseo monísimo xD
Sorte! ;)
Boeno, non sei si "monísimo" é a palabra, pero graciñas... hehehe :P
Publicar un comentario