Fai tempo que escoito falar de
Artlantis, non é o nome de ningunha cidade imaxinaria, é o nome dun programa de
renderizado co que fai tempo que tiña ganas de meterme a fondo, pero como ata o de agora sempre utilicei
Kerkythea, nunca encontrei o momento de botarlle un vistazo. Despois de ver varios traballos de outros modeladores como
Alsomar ou
Aarmesto, entre outros, ao final decidinme a investigar un pouco, e a verdade é que quedei moi satisfeito coa
facilidade do uso e a
calidade e rapidez dos resultados.
A cuestión é que para probar o programa en cuestión, utilicei un modelo co que fai moito tempo que veño traballando nos meus ratos libres. Non está nin moito menos rematado, e de feito pasa máis tempo gardado no caixón das cousas pendentes que en elaboración. De vez en cando volvo a el e doulle un par de voltas por aquí e por alá... así que como poderedes ver, é unha cousa en constante evolución que non sei se algún día rematerei.
O modelo en cuestión é o
verdadeiro motivo desta publicación. É unha
cidade imaxinaria (esa que menciono no título), sen nome, situada nun lugar perdido nas montañas, xunto a uns lagos. O sitio busqueino en Google Earth, un pouco ao chou... pero atopei un lugar que me cautivou e ali decidín levantar esta cidade que non existe, e que agora mostro por
primeira vez. Que mellor ocasión para estrenar o
Artlantis?
Este primer render mostra o exterior das murallas da cidade visto dende o Norte, onde se pode apreciar a alta torre ceremonial que preside o val sobre o que se atopa. Na seguinte imaxe podemos vela dende o Oeste, onde tamén podemos apreciar parte do interior da cidade por detrás dos muros:
Como vedes faltan moitas texturas e terei que adaptar o modelo para os renderizados, xa que as texturas PNG non funcionan corréctamente con este tipo de programas. Agora deixovos un par de imaxes dende dentro das murallas, sobre o lago interior xunto ao que se levanta a cidade. Todos os edificios teñen o seu motivo de ser e a súa utilidade (todo imaxinario por suporto). Se un día continúo con isto tal vez conte máis polo miudo os detalles sobre a cidade, pero iso será máis adiante...
Por certo, que si pinchades nas fotos verédelas en mellor calidade.
Agora xa sabedes onde perdo o tempo de vez en cando... hehehe. Os renders son de primeirizo, que ainda non lle collín o tranquillo ao Artlandis, pero creo que o resultado é bastante aceptable polo de agora e
recomendo moi encarecidamente este
programa. Espero que vos guste a miña cidade imaxinaria (que non sei se rematarei algunha vez)
Por certo,... ainda
non ten nome... algunha idea?
Saudos a todos ;)
Anxo