martes, 9 de junio de 2015

A cidade Imaxinaria vive!! (e o blog tamén!)

Despois de moito tempo sen publicar, volvo para ensinarvos que o proxecto da Cidade Imaxinaria non está morto... sigue vivo e evoluíndo. Xa sabedes que éste é un proxecto personal no que levo traballando varios anos cando o tempo mo permite, un eterno WIP que non sei se rematarei algún día.... Mentres continúo co modelado e a creción de novos espazos para a cidade, perfeccionando detalles, e facéndoa crecer, quixen darlle algo máis de vida, e despois dun par de días traballando en Lumion, aquí tedes o resultado:


Espero que vos guste! ;)

miércoles, 11 de junio de 2014

Volvendo á cidade imaxinaria.

Estou de volta, despois de máis de un ano dende a última vez. Moitas cousas pasaron dende aquela e espero retomar o blog e publicar con máis periodicidade para contarvos todas as novidades e cambios que aconteceron durante todo este tempo, que non foron poucos.

O motivo deste retorno é que dende fai uns días volvín a traballar nun proxecto personal do que xa falei aquí en varias ocasións e no que levo traballando intermitentemente dende fai varios anos, a cidade imaxinaria. Unha cidade, todavía sen nome, e que dende a última vez que publiquei sobre ela, cambiou bastante, así que penso que é unha boa ocasión para poñer todo ao día.

Tede en conta que este é un traballo todavía en progreso e sen rematar, e que todo é susceptible de cambiar ou ser mellorado. Os renders que vou a poñer a continuación están feitos con V-ray e levan uns pequenos axustes con Photoshop, pero ao ser imaxes dun traballo a medio facer, non son, nin moito menos, definitivos. E dito isto e, como sempre se di, as imaxes valen máis que as palabras, así que procedo a poñer algunhas delas mostrando o estado actual.

Empezamos cunhas cantas imaxes xerais onde xa se pode apreciar que o modelado avanzou considerablemente:




Para darlle máis vida e máis detalle ás rúas, decidín incluír un mercado cos seus postos de venta e algúns detalles que aportan máis realismo ao conxunto.




Tamén os propios edificios gañaron en detalle de modelado.


Desta maneira o conxunto xeral da cidade gaña cada vez máis en credibilidade.



De todas as novidades que hai, a maior delas é que, se ben nun principio a cidade concebiuse nos altos cumios dunhas montañas, decidin achegala ao mar, de tal forma que agora hai unha bahía xunto a cidade. Nesta bahía, e algo afastado da cidade, creei un porto co seu barrio mariñeiro, onde en orixe puido haber unha pequena vila mariñeira que foi medrando co paso do tempo.




Esta parte, máis recente, aínda non está completamente definida, pero xa vai tomando forma.




Polo de agora, isto é todo (que non é pouco). Espero volver con máis asiduidade por estos lares, e así mantervos ao día deste proxecto, e de  todo o que vaia aparecendo polo camiño.

Ata aquí chega este retorno por hoxe, espero que vos guste, si é que aínda queda alguén por aí!


Saúdos! ;)

miércoles, 24 de abril de 2013

Probando Sketchfab

Despois dunha prolongada ausencia, volvo por estes lares para probar Sketchfab, un deposito-galería online para modelos en 3D que xa coñecía dende fai un tempo, pero que nunca utilicei a fondo. Como proba, utilicei o modelo que realicei para o Parlamento de Bangladesh. O visor de modelos gústame bastante. Aquí tedes a mostra de como se vería a traves de Sketchfab:



Promete, a ver se podemos sacarlle un pouco de partido. Espero que isto sirva como excusa para retomar un pouco o meu traballo co modelado 3D e darlle un pouco de vida a este blog, que tan olvidado teño.

Un saudo aos que aínda seguides por aí.

Anxo

miércoles, 29 de agosto de 2012

SketchUp. Nova imaxe.


Despois de que Google vendese SketchUp a Trimble, algo que para moitos foi unha noticia inesperada que axitou a toda a comunidade de modeladores 3D ao longo do mundo, chegan os primeiros cambios "visibles", literalmente, porque o primeiro cambio salientable é que mudou a imaxe de SketchUp, novo logo, nova imaxe na web e no blog oficial.


Tamén temos unha nova actualización, sen mais novidade visible (en principio) que a de incluir o cambio de imaxe nos logotipos e iconos de escritorio e arquivos. Polo de agora a nova actualización (que deron en chamar M4) so está dispoñible en inglés, pero podedes descargala na páxina oficial. 

Eu non esperei... :P




Novo Modelo. Parc Esportiu Llobregat. Cornellá.



O Parc Esportiu Llobregat en Cornellá, é un complexo deportivo deseñado polo prestixioso arquitecto Álvaro Siza, sendo a súa obra máis representativa no entorno de Barcelona. O singular edificio acolle diferentes instalacións deportivas, que inclúen un polideportivo con capacidade para 2.500 espectadores, varias salas multiusos para actividades e un complexo acuático con 2 piscinas, unha exterior e outra interior climatizada.


Son moi remarcables as piscinas, que xogan, arquitectónicamente falando, co diálogo entre interior e exterior resultando unha a continuación da outra pero sen chegar a tocarse, separadas por unha fina lámina de vidro. O espacio elíptico que acolle a piscina interior é tamén moi espectacular, sen perder a limpeza e pureza de liñas que caracterizan a obra de Siza. Combina iluminación artificial e natural que entra a traves de lucernarios circulares na cúpula que cubre o recinto.

O modelo abarca a totalidade do complexo deportivo, e tamén os árbores da zona axardinada ao redor das edificacións. Debido ás novas normas para a aceptación dos modelos na capa 0 de Google Earth, os árbores foron separados do modelo principal e subidos independentemente en 2 partes.



Aquí vos deixo tamén unhas cantas capturas do modelo que incluen tamén as árbores:







E de regalo unhas cantas imaxes do modelo en Google Earth:





E isto é todo, espero que sexa do voso agrado.

Saudos ;)

Anxo

lunes, 20 de agosto de 2012

WIP. A Catedral de Santiago de Compostela. Retomando o traballo

Despois de todos estes meses sen apenas dar sinais de vida, finalmente retomei o traballo de modelado coa Catedral de Santiago, algo que levaba completamente parado desde finais de marzo.


Como podedes ver na imaxe, a principal novidade é que por fin me decidín coas escaleiras da fachada do Obradoiro, algo que por motivos absolutamente aleatorios, quedara postergado durante todo o modelado. Ainda non están rematadas e faltan pequenos detalles, como algún dos remates da intrincada forxa da verxa que pecha a escaleira ou as estatuas que se sitúan en algúns puntos, entre outras cousas. Teño que mencionar que o traballo con Photoshop para recrear as texturas da verxa levou prácticamente o 95% do tempo que invertín no modelado das mesmas.... un pequeno pesadelo, a dicir verdade, pero creo que o resultado mereceu a pena. Xulgade vos mesmos a ver que vos parece:





Aquí vos deixo tamén unhas cantas imaxes da praza do Obradoiro coas escaleiras, para que vexades que tal vai quedando todo o conxunto.



Como vedes, tamén avancei lixeiramente coas texturas do Pazo Episcopal, pero ainda queda moito traballo por facer antes de dar o modelo por rematado.

Próximamente máis (espero que sen moita demora), ;)

Saudos,

Anxo


"Y no estaba muerto, no, no,...."




Pois non, non estou morto, desaparecido si, pero vivo, san e salvo. Por moitísimos motivos que non vou relatar aquí, estiven apartado durante todos estes meses da actividade do modelado e tamen deixei un pouco abandonado á sua sorte este blog.

Os motivos desta volta son varios, o máis importante é que retomei na medida do posible o modelado 3D, e con el o traballo co modelo da Catedral de Santiago, do que publicarei algún pequeno avance nas seguintes entradas. Outro motivo é que pasaron moitas cousas durante esta "ausencia" que no seu momento eran merecedoras dalgún comentario por estos lares, como a venda de SketchUp a Trimble, algo que removeu os cimentos da comunidade de xeomodeladores en 3D de Google, e da que ainda moitos estamos en proceso de adaptación. O feito de non ter comentado nin o máis minimo o tema é unha espiniña que quería quitarme.... esa e moitas máis.


Non vou aburrir con máis explicacións. Estou de volta e, na medida do posible, intentarei darlle algo de vida ao blog. :)

Pois iso, vémonos dentro de pouco por acó, si é que seguides aí! :D


Saudos!



Anxo