O edificio construido no barrio de Caranza, esta rematado dende fai pouco tempo, aínda que certas tirantences entre o goberno municipal e a Xunta de Galicia están facendo que a inauguración se retrase... seguramente agardando polas eleccións que están á volta da esquina.
De calquera xeito decidín realizar o modelo, non se bastantes dificultades. A principal delas foi que as imaxes de satélite de Ferrol que aparecen en Google Earth datan do ano 2006, e daquela o único apreciable no solar que agora ocupa o auditorio eran os buratos para a cimentación do edificio e algún que outro movemento de terra.
Non sei a que agardan an Google para actualizar as imaxes da zona, xa que nos arredores si o fan. Parece que Ferrol está nunha extraña "illa da desactualización" e quedouse estancado no tempo, polo menos en Google Earth. Visto o visto, tirei de outras fontes de información que resultaron estar máis actualizadas, e por ahí fun tirando.
O auditorio está situado na Avda. de Telleiras xunto ao Conservatorio de Música e foi proxectado por Patricia Alonso Alonso e por Javier López Rivadulla, O edificio conta cunha sala con capacidade para 900 persoas e esta recuberto exteriormente de pizarra verde e vidro. Aquí tedes o modelo e o enlace na Galería 3D:
Enlace na Galería 3D: Auditorio de Ferrol
Usei o Artlantis para tomar unhas imaxes renderizadas do modelo que tamén vos deixo para que as vexades:
E ademais, non podían faltar as imaxes de costume do modelo e o seu entorno tal e como podedes velo en Google Earth. Como poderedes apreciar foi necesaria unha modificación importante do terreno ao redor do modelo en si, debido ao que mencionaba antes sobre a antiguidade das imaxes de satélite:
E isto e todo polo de agora.
Saudos a todos e graciñas por seguir por ahí! ;)
Anxo
5 comentarios:
Para cuando el de Narón???
Muito lindo.Agora que vexan os da Xunta e do Concello como queda en 3D
Que bonito! Moi moderno, acostumado ao que soes facer, a verdade, pero igualmente bonito. Os renders quedaron ben, a verdade. Segue facendoos así! ;)
Home, non todo ia ser clásico... hehe, Alégrome de que che gusta Andrés ;)
O auditorio de Narón non o tiña en mente, xa lle chegará o momento, que hai moito modelo por facer aínda. Pero agradécese a suxerencia. :)
Publicar un comentario