lunes, 28 de marzo de 2011

Modelo en progreso. A Casa Danzante. (Estado das obras II )

Aquí estou de novo con máis actualizacións. Un dos meus ordenadores sigue en estado de deceso, polo que mentres non consiga solucionalo, so podo traballar en novos modelos dunha maneira máis intermitente, e polo tanto o ritmo ralentízase bastante. A pesar diso conseguin avanzar no modelo da Casa Danzante de Praga, e tal e como vos prometín, aquí traio unhas cantas actualizacións de como vai progresando:



Como podedes ver, a pesar dos problemas técnicos, conseguin avanzar bastante e os volumes principais están xa prácticamente definidos. Ainda que como veredes a continuación, queda bastante traballo coas texturas, sobre todo na fachada de vidro, que si xa tivo un modelado complicado, agora aplicarlle as texturas non vai ser nin moito menos máis sinxelo.



Como podedes apreciar, tamén realicei a estructura metálica decorativa da cuberta, que eu denomino de xeito particular "a cebola", aplicandolle unhas texturas PNG para simular o efecto casi "volatil" que ten na realidade.

E ata aquí polo de agora, sigo intentando solucionar o problema do ordenador estropeado, mentres tanto intentarei seguir traballando cando poda neste modelo. Irei informando de como van as cousas en próximas actualizacións.

Saudos!

Anxo

3 comentarios:

Unknown dijo...

Great building, Great model!

TANTUNNY dijo...

Totally great!

Trasancos dijo...

Thank you both!, really glad you like it... :)