Aquí estou de novo cun informe sobre o estado do traballo coa Casa Danzante de Praga. Este é sen dúbida, o modelo mási laborioso dos que teño feito ata o de agora. Aquí vos deixo unha imaxe xeral de como vai a cousa:
Non hai nada facilmente modelable neste edificio. Todo un reto, e aínda que é complicado estou desfrutando coa tarefa como un neno. Estou xerando todas as superficies a man, xa que non atopei un plugin o suficientemente apropiado para facer o modelo coa exactitude que quero, así que me estou esmerando para que as superficies sexan o máis parecidas ás reais, ainda que sexa un "traballo de chinos". Para que entendades do que falo, déixovos un par de imaxes onde se pode apreciar a xeometría do modelo.
Como vedes, estou traballando na cuberta, pero aínda queda moito traballo por diante. Probáblemente chegará un momento no que terei que alixeirar o número de caras do modelo, porque a cada pouco que traballo crece exponencialmente, aínda que iso deixareino para o final, para ver ata onde se pode chegar. A ver si para a próxima volvo con algo da galería de vidro xa feito, que é o que máis medo me da.
Saudos a todos ;)
Anxo
1 comentario:
Un gran trabajo lo realizado hasta ahora y...¡¡animo para lo que te queda!!.
Un saludo.
Publicar un comentario