viernes, 25 de marzo de 2011

Inconvintes técnicos...





Hoxe, fai apenas unhas horas, o meu ordenador deixounos para  sempre, levándose consigo multitude de datos (que espero recuperar) e case 4 anos de traballo xuntos... :( . Se algunha vez fúchedes victimas dunha situación similar poderedes facervos unha idea do fastidio e o engorro que isto supón. Isto é un inconvinte inesperado que vai a ralentizar todos os proxectos que tiña en marcha, e incluso pode ser que algún teña que ser recomezado dende o principio (crucemos os dedos para que non sexa así). 

Por sorte, escarmentado de algúnha que outra situación similar, adquirín o saudable costume de facer copias de seguridade dalgunhas cousas e en varios sitios... por si acaso. Dou grazas porque A Casa Danzante con todos os seus progresos, xunto con algunhas outras cousas, está a salvo nun par de lugares seguros, porque si tivese que recomezar o traballo dende o principio, sen dúbida renunciaria a facelo.

Así e todo, vou intentar recuperar o meu querido HP Pavillion... e sobre todo o contido do disco duro que aínda me resisto a perder. Como xa dixen, isto vai ralentizar un pouco todo o que tiña en marcha, pero iso non significa que non vaia continuar co traballo (verbigracia das providenciais copias de seguridade), así que ata que recupere a normalidade, as actualizacións vanse retrasar un pouco máis do habitual... :-/

Por sorte non todo son malas novas, e apenas fai un rato o modelo do Auditorio de Ferrol foi aceptado na capa 3D de Google Earth.... algo é algo... :)

Boeno, ata aquí o informe de danos... seguiremos informando si hai novidades.

Saudos.


Anxo

3 comentarios:

Alejandro S. dijo...

La de buenos modelos que ha dado ese ordenador al mundo... Pobrecico.

Armesto dijo...

Vaia, cando peta si que é un fastidio (entre 2008 e 2010, petoume unas 15 veces, xa o cambiei). O primeiro que pensei foi na Casa Danzante, a ver se se ía perder! Pero bueno, a ver se o amañas e non hai maior complicación. :)

Por certo, a min subironme tamén os dous últimos modelos, pero hai un problemiña cas transparencias, polo que o de facer transparente a torre da casa, non cho aconsello; date unha volta polo Pazo unha vez subido en GE e verás a qué me refiro...

Un saúdo e moita sorte! ;)

Trasancos dijo...

Graciñas polas condolencias.... son ben recibidas.

Por certo Andrés, o das trasparencias ten solución, non te preocupes, pero vas a ter que tirar de Photoshop... Se iso despois envíoche un correiño e falamos. ;)