miércoles, 10 de noviembre de 2010

Nominado a Super Modelador de Google Earth!

Pois si, así como que non quere a cousa hoxe atópome con que estou nominado a Super Modelador do Google Earth!. Teño que recoñecer que alguén xa me soplou algo fai uns días (moitas gracias José Manuel), pero non sabía eu que a cousa ia ser tan competitiva, xa que hai 10 nominados, a cada cal mellor!! E resulta que o tema vai por votación pública, así que se queredes participar so tedes que entrár e votar polo que vos pareza mellor... non vos sintades presionados e tal, pero sería de agradecer se me botades unha man jejeje :P

Hai que recoñecer que me tocou con xente que é do mellorciño, Alsomar, Damo, Tang 3D, ou Eugeni Llopart (que é todo un mestre nisto de modelar)... entre outros. Así que tampouco albergo moita esperanza, ainda que xa me sinto bastante contento co recoñecemento, porque o feito de ser nominado con tan impresionantes modeladores xa é todo un logro!, sinceramente creo que todos e cada un deles debería ser considerado xa un Super Modelador.

Se quereder votar podedes facelo aquí: Vota ao próximo Super Modelador, ou diréctamente no lateral dereito do blog. >>>
E para ver como van os resultados: Resultados

O periodo de votacións será de 3 semanas, así que tedes tempo de sobra para pensar o voso voto e iso, así que xa sabedes.

Só queda dicir, QUE GAÑE O MELLOR!!! :D

Saudos!

Anxo

5 comentarios:

Unknown dijo...

Suerte!
Y si no es en esta seguro que en la próxima.

Trasancos dijo...

Graciñas Kico!, sei que hai competidores mellores, pero estou contento xa coa nominación :)

Armesto dijo...

Vaia reconhecemeto, eh? Xa tes o meu voto (non mo agradezas agora, agardarei o teu se algunha vez me nominan xD) e espero que haxa sorte!

Pensaba que pra ser nominado habia que ter mais de 200 modelos, pero vendo a Eugeni Llopart, vexo que podo ter algunha esperanza ainda...

Un saudo! (a todo isto, desculpa que o texto non leve tildes, estou escribindo cun teclado ingles, non preguntes que non sei explicalo..)

Trasancos dijo...

Home Andrés!, si saes nominado nin o dubides, que o meu voto vai directo e merecidísimo!!... :D

Non fai falta ter "cienes" de modelos, podes ser Super Modelador sen ter esa burrada (menos mal... :P ). O mellor modelador de tódolos tempos sen discusión posible é Arrigo Silva, Super Modelador con (ollo ao dato) 26 modelos!... pero que modelos!!, todo un maestro.

E non te vou preguntar o do teclado inglés,... pero é ben certo que me deixas intrigado... XD

Graciñas e saúdos!! ;)

Anónimo dijo...

Enhorabuena por la nominación.
Desde hace años disfruto de tus creaciones en Google Earth....
Siempre saco pecho cuando veo que Ferrol tiene tanto modelado y tan bueno en 3D......(por cierto, buenísimo el agujero del edificio de la Plaza de Armas....)

Julio (Ferrolano en Madrid)