sábado, 20 de noviembre de 2010

Novo modelo. A Capela da Virxe do Porto

Mentres continúan as votacións para escoller ao próximo supermodelador, decidín seguir coa tarefa modeladora, e desta vez fixeime nunha pequena e fermosísima capela que trae a miña memoria os veráns da infancia en Valdoviño. A capela da Virxe do Porto atópase en Meirás, no concello de Valdoviño, moi cerca de Ferrol. Está situada nun entorno espectacular, construida nun pequeno illote rochoso, xunto a unha cala de pedras, resgardada do mar polas rochas contra as que bate sempre furioso o Atlántico.


Ahí, nun lugar inverosimil podemos atopar esta minúscula e branca capela, desafiando ao inmenso Atlántico, incomprensiblemente pracida sobre o sempre axitado océano da costa norte galega. A capela é só accesible cando o océano se retira na baixamar permitindo achegarse a ela cruzando a pequena cala pedregosa e trepando por unhas estreitas e brancas escaleiras. Simplemente unha porta e unha fiestra na fachada que da a terra permiten a entrada da luz dentro do templo. O resto dos muros son cegos, para defenderse dos embates poderosos do mar.


O modelo da capela en sí e ben sinxelo, pero foi necesario recrear parte da costa rochosa da zona, xa que a orografía representada en GE nesta zona é bastante pobre e tosca, e ademais as imaxes de satélite teñen moi poca definición, así que tiven que recurrir a outros medios para modelar o illote onde se atopa a capela e parte dos arredores. Ainda así penso que ao final quedou bastante ben. 


Enlace na Galería 3D: Capela da Virxe do Porto

Déixovos as imaxes habituais do modelo, a ver se vos gusta...





Ben, iso é todo polo de agora, lembrade que continúan as votacións, podedes escoller ao voso modelador favorito e votar dende aquí, ou na columna dereita do blog >>>

Graciñas por seguir ahi e saudos a todos!... ;)

Actualizado 21/11/10:

Actualicei o modelo seguindo os consellos de Arrigo Silva, que tivo a amabilidade de cederme un pouco da súa sabiduría e deume un par ideas para mellorar o aspecto do modelo. Moitas gracias Enrico!!, reálmente sentínme alagado ao recibir o teu correo. :)

Deixo un par de imaxes para que vexades o novo aspecto...



Saudos!! ;)

4 comentarios:

alsomar dijo...

Vaya, vaya... ¡Se codea usted con las altas esferas!

Trasancos dijo...

Estoy que no quepo en mi de gozo!... :)

Andrés Armesto Cortiña dijo...

Opino o mesmo que Alsomar hehe. A todo isto, ando a medio durmir e non distingín moito a diferenza, poderías aclararme que cambiaches? Curiosidade nada máis, o modelo moi bonito ^^

Trasancos dijo...

Jeje... pois pouca cousa cambiou, retoquei ás texturas da capela e o terreno, agora é un pouco máis branca e os illotes con herba están un pouco máis verdes, para facélo máis aproximado ás fotografías que podedes atopar do lugar, recomendación do grandísimo Arrigo Silva. A maiores modifiquei lixeiramente o tellado... pero iso xa foi cousa miña :)