miércoles, 24 de noviembre de 2010

O día "3D na radio"



O xoves 25 de Novembro de 2010 estade atentos ás vosas emisoras de radio!!!:

Ás 12:30 h. na Cadena COPE de Valencia, entrevista a Alsomar.
(25/11/10): Ao final a entrevista emitíuse por OM (onda media) para a cidade de Valencia e non se puido seguir por ese enlace, pero poderedes atopala no blog de Alsomar

E ás 18:30 h. 19:05 en Onda Cero Galicia, entrevista a Trasancos, aquí un servidor.
(25/11/10): A entrevista é hoxe día 25 e emítese ás 19:05

Eu aínda non o creo, e estou en estado de shock, tanto que ainda non teño moi claro se a miña entrevista vaise emitir en directo ou non, intentarei avisar con tempo si podo. Creo que todo isto da nominación a supermodelador está acadando unha relevancia que non esperaba nin en soños, (ao meu humilde parecer incluso esaxerada)... :P

Si meto a pata con algo non mo botedes en cara, que isto dos medios non é o meu, pero intentarei estar a altura ... :)

Saudos e moitas grazas!, porque isto é resultado do voso apoio... ;)

Anxo

5 comentarios:

Andrés Armesto Cortiña dijo...

Volveusenos mediático Trasancos... xD

Pois moita sorte, vaia honor! A min entrevistoume hoxe "La Región" (o de Ourense) pero non sei se sairei en algo importante. Grabamos tamén un programa de radio. Eu non falo, pero alí contan o de Galiciencia, por si te interesa. O sábado na RGalega ás 18.00, creo (efervesciencia, chámase o programa.

Un saúdo, a ver se podo escoitarte!

Trasancos dijo...

Graciñas meu!!... xa che digo, a de Alejandro (alsomar) si que é en directo, pero a miña non o sei ainda seguro, que igual a graban e a botan outro día!

Xa estás tardando en poñer a entrevista esa de "La Región"!!... :D

Andrés Armesto Cortiña dijo...

De nada, home! A entrevista, ao final non puxeron nada parecido, só un artigo, aínda que sigo coa esperanza de que haxa algo, nalgún momento. En caso de que haxa, tranquilo, colgareino.
En principio eu acenderei a radio ese día, e se non saes, tamén estás tardando en dicir cando será! ;)

Trasancos dijo...

Andrés, que ese día é hoxe!... en 15 min ou así entrevistan a Alsomar, eu ainda estou esperando esa chamada a ver si podo confirmarvos como é o da miña... jeje :P

Andrés Armesto Cortiña dijo...

Isto pasa por non mirar os blogs con frecuencia... (mira a data do comentario) Supoño que está en Internet, ou seña que o buscarei e se non, xa contarás o que dixeches! Se podes, cando sepas algo deixame un comentario no blog, o miro máis.

Grazas, e un saúdo!

PD: A todo isto, vendo como vai a conversación, eu miraría de poñer un chat no blog, non crees? xD