martes, 25 de enero de 2011

Novo modelo. Peixería do Mercado Central.

Por fin "habemus modelum"!!... Despois dun paréntesis que xa se facía un pouco longo de máis, xa temos novo modelo. Como vos veño comentando éstes días, trátase da Peixería do Mercado Municipal Central de Ferrol, ou Mercado da Magdalena, como tamén se lle coñece. O edifício é unha nave con cuberta de 2 augas construido no ano 1923 en estilo modernista baixo a dirección do arquitecto municipal Rodolfo Ucha Piñeiro, gran arquitecto municipal de Ferrol ao que se lle deben moitos dos edificios mais singulares e significativos da cidade.


Son moi destacables as dúas fachadas que pechan os dous frentes transversais do edificio, con decoración de clara inspiración modernista, así como os soportes dos aleiros laterais da cuberta realizados en forxa. O edifício foi restaurado conservando incluso as cerchas orixinais atirantadas que soportan a cuberta e sigue cumplindo a función orixinal para o que foi concebido, a venta de peixe fresco dentro do espazo do Mercado Central, si ben as instalacións e os postos de venta foron modernizados adaptándose aos tempos.

O modelo:



Enlace na Galería 3D: Peixería do Mercado Central de Ferrol

Realicei este modelo con bastante detalle, xa que, ainda que é un edificio sinxelo, ten unha gran singularidade, polo que intentei reflexar o maior número de detalles das fachadas do mesmo. Como mostra do que digo, deixo un par de imaxes da volumetría do modelo onde se pode apreciar o que comento:



Debido a que o terreno de GE en Ferrol non é moi preciso ainda, tiven que modelar parte do terreno circundante para adaptar o modelo ao entorno, sobre todo pola zona da rua Irmandiños, onde se atopa a zona de descarga dos camións e a entrada subterránea de carga e descarga do Mercado Central.

Como de costume, aquí deixo as imaxes do modelo rematado en GE. Desexo que vos guste.





E con isto me despido polo de agora, en breve (iso espero) voltarei con máis modelos e proxectos sempre que vaia atopando tempo para dedicarlles.

Saudos ;)

Anxo

lunes, 24 de enero de 2011

Avances co novo modelo. Peixería do Mercado Central

Saudos de novo a todos. Traio algúns avances no modelo da peixería modernista do Mercado Municipal Central de Ferrol. Prácticamente os frontais modernistas xa están rematados, ainda que pode ser que engada algún detalliño máis. Faltan os laterais que son moito máis sinxelos, e o terreno circundante (zona de descarga dos camións, etc...). Deixo un par de imaxes (con e sin texturas) para que vexados o progreso.



Non é un modelo excesívamente complicado, noutras circustancias estaría xa rematado, pero como ando un pouco escaso de tempo vai indo aos poucos. De calquera xeito, xa está bastante avanzado e probablemente poda rematalo nun par de sesións máis. Para a próxima espero voltar con el rematado.

Saudos ;)

sábado, 22 de enero de 2011

Preparando un novo modelo. Peixería do Mercado de Ferrol.

Ola a todos, últimamente non estou a dedicarlle moito tempo á creación de novos modelos, polo menos non todo o que quixera, e ademáis teño en mente algúns proxectos que ocupan o pouco tempo libre que me queda. Iso non quere dicir que teña isto abandonado, nin moito menos, o que pasa é que durante un tempo o nivel de producción reduciuse bastante. 

Teño moitos modelos na cabeza que pouco a pouco intentarei ir sacando, a medida que o tempo o permita. O primeiro deles seguramente será o edifício modernista da Peixería do Mercado Municipal de Ferrol. Obra do arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro e construida en 1923.



É un edificio relativamente sinxelo e que non debería levar moito tempo, pero como xa vos dixen, non podo dedicarlle todo o que eu quixera, polo que é moi probable que me leve un pouco máis do habitual. 

Prácticamente acabo de comezar co modelado, polo que so hai unha aproximación de volumes e algunha textura sobre a que ir traballando. Aquí tedes unha imaxe dos aínda recentes e prematuros avances:


Como podedes comprobar, prácticamente nada, queda ainda moito traballo por diante, xa que a pesar de que se trata dun edificio relatívamente pequeno, é o suficientemente singular como para dedicarlle tempo e coidar os detalles ao máximo.

Espero voltar pronto con máis avances, e a ver si vou encontrando un pouco de espacio na axenda para volver co modelado 3D como se merece, que xa teño ganas.

Graciñas e saudos a todos! ;)

Anxo.

martes, 11 de enero de 2011

De volta...

Aquí estou de novo, despois dun pequeno parénetis navideño para pasar as festas cos meus e descansar un pouco. Volvo con moitas intencións e non demasiadas novidades, que me tomei o do descanso en toda a plenitude do significado,  xa que a miña producción reduciuse literalmente a "0", non coma outros que por sorte souberon rentabilizar o tempo moitísimo mellor ca min, e grazas a iso agora temos novos modelos na Galería 3D e máis motivación para continuar co traballo.

Únicamente traio unha pequena actualización na páxina de contacto, para que podades enviarme unha mensaxe cando querades, algunha pequena remodelación na páxina da galería (ainda que para isto teño plans para máis adiante) e moitos plans para novos modelos e para actualizar algún dos vellos, que xa vai tocando. 

Nova páxina de contacto

Polo de agora pouco máis, espero voltar pronto con novidades agora que xa me vou meter en faena de novo.

Graciñas  por seguír ahí e espero que o novo ano comezase ben para todos.


Saudos ;)


viernes, 24 de diciembre de 2010

Bo Nadal

Felices festas a todos!, espero que a pesar das crisis, as desgracias, o frio, a neve e todo iso que as veces nos amarga a vida, hoxe sexa un dia de felicidade coa xente que vos quere. Lembrade que o mellor da vida non se consigue con diñeiro... desfrutade moito, moito...



Unha aperta!


Anxo

jueves, 2 de diciembre de 2010

Novo modelo. Edificio Caixa Galícia.

Por fin rematei o modelo do edificio de Caixa Galicia na praza de España de Ferrol. Este edificio, xunto co edificio "Hollywood", a Biblioteca e o "Edificio Criado" (ainda por modelar) forman e debuxan o skyline máis característico e recoñecible de Ferrol.


O edificio de Caixa Galicia, antigo edificio da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Ferrol, foi deseñado polo arquitecto Nemesio López Rodríguez e construido en dúas fases. A primeira cara a rua Galiano en 1941 e a segunda cara a rúa María en 1951. O edificio albergou ademáis o Sanatorio "San Javier" que foi tamén Casa de Socorro. Actualmente pertence á Novacaixagalicia, a caixa resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova, polo que o característico luminoso que remata o edificio probablemente desaparecerá nun futuro próximo, privando ao conxunto dun dos seus elementos característicos.

O modelo é un dos máis pormenorizados que elaborei ata o de agora, xa que tódalas fiestras están modeladas e ten multitude de detalles.


Enlace á galería 3D: Edificio Caixa Galicia

Probáblemente precise dalgunhas correccións que realizarei máis adiante, sobre todo na escala da torre do reloxio, pero polo de agora creo que o resultado é bastante aceptable así que dou o modelo por rematado. Déixovos agora unhas cantas imaxes do modelo para non perder o costume. Xa notaríades que modifiquei un pouco o deseño do blog para poder poñer imaxes máis grandes... 






Boeno, e ata aquí chega polo de agora. Agardo que sexa do voso agrado e espero voltar pronto con máis cousas.

Saudos a todos! ;)


Anxo

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Avances co novo modelo. Edificio Caixa Galicia

Aquí traio uns poucos avances co modelo do Edificio Caixa Galicia. Estou aplicando texturas, e tamén podedes observar que estou dando bastante detalle ás fiestras, a ver se ao final o modelo non é moi pesado. Deixovos un par de imaxes para que vexades o progreso.



Polo de agora nada máis, espero voltar pronto co modelo xa rematado.

Saudos ;)

Anxo