sábado, 22 de enero de 2011

Preparando un novo modelo. Peixería do Mercado de Ferrol.

Ola a todos, últimamente non estou a dedicarlle moito tempo á creación de novos modelos, polo menos non todo o que quixera, e ademáis teño en mente algúns proxectos que ocupan o pouco tempo libre que me queda. Iso non quere dicir que teña isto abandonado, nin moito menos, o que pasa é que durante un tempo o nivel de producción reduciuse bastante. 

Teño moitos modelos na cabeza que pouco a pouco intentarei ir sacando, a medida que o tempo o permita. O primeiro deles seguramente será o edifício modernista da Peixería do Mercado Municipal de Ferrol. Obra do arquitecto Rodolfo Ucha Piñeiro e construida en 1923.



É un edificio relativamente sinxelo e que non debería levar moito tempo, pero como xa vos dixen, non podo dedicarlle todo o que eu quixera, polo que é moi probable que me leve un pouco máis do habitual. 

Prácticamente acabo de comezar co modelado, polo que so hai unha aproximación de volumes e algunha textura sobre a que ir traballando. Aquí tedes unha imaxe dos aínda recentes e prematuros avances:


Como podedes comprobar, prácticamente nada, queda ainda moito traballo por diante, xa que a pesar de que se trata dun edificio relatívamente pequeno, é o suficientemente singular como para dedicarlle tempo e coidar os detalles ao máximo.

Espero voltar pronto con máis avances, e a ver si vou encontrando un pouco de espacio na axenda para volver co modelado 3D como se merece, que xa teño ganas.

Graciñas e saudos a todos! ;)

Anxo.

2 comentarios:

Andrés Armesto Cortiña dijo...

Boas, Anxo! Xa pensaba que non psarías por aquí! Alédome de que retomes o traballo, teño moitas ganas de ver novos modelos. Eu ando facendo algún, sobre todo restaurando, pero cando remate algúns, actualizarei coas novas.

Un saúdo!;)

Trasancos dijo...

Moi boas Andrés!, poi si, tou de volta... que andiven un pouco ocupado éstes días. Pero xa estou aquí de novo, a ver si recupero o ritmo... jejeje ;P