lunes, 27 de junio de 2011

Novos modelos na Serra da Capelada.

A Garita de Herbeira e o Parque Eólico da Serra da Capelada.


Aquí estou de volta cun par de modelos novos recén sacados do forno. O primeiro deles é a Garita de Herbeira, unha pequena construcción do século XVIII situada nos cantís máis altos da Europa continental, na Serra da Capelada a 620 metros sobre o nivel do mar. Dende este pequeno edificio vixiábanse as costas de posibles ataques de piratas, corsarios ou ingleses. As privilexiadas vistas que se poden admirar dende esta atalaia convérten a pequena Garita de Herbeira nunha visita obrigada para calquera que visite estas terras.



Xunto a esta singular construcción atópanse varios parque eólicos que aproveitan a altitude e as especiais condicións da zona, moi venteada, para xerar enerxía de xeito limpo e non contaminante. Como a presenza dos parques eólicos é bastante notable decidín modelar algún deles, neste caso o máis próximo á Garita de Herbeira, onde os muiños conviven co gando que pasta libre nestes montes.


O modelo da garita é sinxelo, pero requeriu a recreación de parte do terreno para adaptar a orografía a Google Earth. Pola súa parte, o parque eólico resultou moito máis sinxelo, xa que o uso de compoñentes facilita bastante a labor. Aquí tedes os dous modelos cos seus correspondentes enlaces á Galería 3D:



Enlace á Galería 3D: Garita de Herbeira



Enlace á Galería 3D: Parque Eólico da Serra da Capelada

Aquí vos deixo algunhas imaxes dos modelos en Google Earth:


 





E de regalo, déixovos un pequeno renderizado que fixen con Artlantis do parque eólico...


E isto é todo por hoxe. Espero que vos gusten os modelos e saudos a todos!


Anxo

2 comentarios:

gipuzkoa3d dijo...

Bonitos molinos Anxó ¡¡ Salu2

Trasancos dijo...

Gracias Peter!, me alegro de que te gusten! ;)