viernes, 1 de julio de 2011

Concello de Ferrol. Modelo actualizado.... ?.

Máis ben, modelo novo, porque ainda que se trate dun modelo antigo mellorado, fíxeno todo enteiro dende 0
...


Boas a todos, a verdade é que xa tocaba, algúns modelos vanse quedando anticuados e de vez en cando está ben darlles unha volta, ou varias. A cuestión é que un dos meus modelos máis antigos, o Concello de Ferrol, xa necesitaba urxentemente de unha revisión.

O modelo do Concello de Ferrol é un dos meus modelos máis antigos (xaneiro de 2007), e foi dos primeiros que subín á Galería 3D con texturas fotográficas. Dende entón, casi que non o actualicei, polo que pouco a pouco foi quedándose bastante desfasado... e para mostra, un botón, aquí tedes un par imaxes de como lucía o modelo antes:



Uffff.... a verdade é que agora da dentera velo ao pobre... (e pensar que forma parte de varias coleccións do mellorciño da Galería 3D).  Resultaba evidente que necesitaba un cambio para estar á altura, así que me puxen mans á obra e refixen o modelo dende 0, completamente e dende o principio. Estou moi contento co resultado, incluso sin necesidade de comparalo co antigo, o aspecto final é moi satisfactorio para o meu gusto e creo que está a anos luz da versión anterior. Para que xulguedes vos mesmos déixovos unhas cantas imaxes do novo modelo e así podedes comparar ...






Como podedes ver, a diferencia é máis que notable. Aquí vos deixo tamén un par de capturas con e sin texturas onde podedes apreciar a complexidade que ten agora o modelo:



E como ven sendo habitual tamén últimamente, fixen uns cantos renderizados con Artlantis, que sempre quedan máis resultóns que as capturas de SkechUp. Nesta ocasión tamén xoguei un pouco coa iluminación nocturna, algo que non fixera ata o de agora e que resultou moito máis sinxelo do que imaxinaba... a ver que vos parecen:








Cómo o vedes?... Como xa dixen, eu estou consideráblemente satisfeito, sobre todo se o comparamos co antigo. Para rematar aquí tedes o modelo na galería 3D co seu enlace.


Enlace Galería 3D: Concello de Ferrol

E isto é todo polo de agora, espero que vos guste. Creo que vou continuar actualizando algúns modelos antigos máis, xa vos irei contando.

Saudos a todos ;)


Anxo

2 comentarios:

Anónimo dijo...

bom trabalho!

Anónimo dijo...

Impresionante, Trasancos.

Pensaba que eran fotos de verdad jajaja.

En GE todavía aparece el antiguo.