jueves, 16 de junio de 2011

De volta.

Saudos a todos,

Despois dunha longa pausa estou de volta. Non tiven moito tempo para dedicarlle ao blog, e a verdade é que o tiña un pouco abandonado. Volvo, eso si, con bastantes novidades, cousas que quería contar fai tempo e non puiden, proxectos novos e algún que outro modelo creado nestes días de ausencia. Como vai ser moito o que vos quero contar, mellor o irei publicando en cómodos e dixeribles plazos.... por iso de non saturar, hehe.

Hoxe so falarei das pequenas novidades no blog, un par delas nada máis. A primeira é a apariciòn do novo botón de +1 de Google para recomendar públicamente un contido web e que xa podedes ver ao final de cada unha das publicacións do blog.


Así que xa sabedes, si queredes recomendar algunha das publicacións, xa estades tardando en usalo.

Outra das novidades que traio é que o blog xa ten unha versión adaptada para mobil. Pensada para todos aqueles fanáticos dos smart-phones e demais dispositivos tecnolóxicos, agora xa podedes ver Trasancos3D cómodamente nos vosos cacharriños.


Polo da agora é todo, que hai que comezar pouco a pouco. Espero recuperar o ritmo e retomar o traballo cos modelos. Durante este tempo tiven tempo a maquinar moitos plans, ideas e proxectos dos que xa vos irei falando. Xa digo, en breve contareivos un pouco máis, ando cun modelo nas mans que xa me tarda ensinar.... non é un modelo "real", pero é algo ao que xa lle tiña ganas fai tempo, mañá publicarei sobre el.

Graciñas por seguir ahí.

Saudos a todos ;)


Anxo

p.d: Si, eu son de Android, e ben contento que estou... hehe :P

No hay comentarios: