jueves, 28 de octubre de 2010

Novo Modelo. Cuartel de Dolores e Porta de Fontelonga

Por fin rematei o modelo do que estiven falando estes días, o conxunto formado polo Cuartel de Dolores e a porta marítima de Fontelonga, situada nos restos da antiga muralla de Ferrol que todavía circundan parte do acuartelamento.


Un pouco de historia...

O Cuartel da Nosa Señora das Dores está situado xunto ao antigo Cadro de Esteiro, en Ferrol. Planexado en 1751 por Joseph Petit de la Croix comezou a construirse no 1765 baixo a dirección do Enxeñeiro Naval D. Julián Sánchez Bort. Parte da obra foi financiada pola casa dos Condes de Andrade e Lemos en memoria dun dos seus fillos, morto en combate cando era infante de marina. As obras rematan un 16 de Outubro de 1771. 



O edificio de planta cadrada está organizado en torno a un patio central porticado e podía albergar a uns 4000 homes. O patio, tamén de planta cuadrangular ten tres alxibes e está rodeado por arcadas que cubren 2 dos 3 niveles que ten o edificio e que se soportan sobre 44 pilares cos seus correspondentes arcos. O primeiro nivel corresponde ás antigas cadras e almacéns, o segundo para o piso principal, quedando o terceiro cunha enorme terraza que rodea todo o patio e da cobertura ás arcadas.


Na Fachada Principal está a entrada decorada con adornos e columnas dóricas que soportan un balcon de ferro sobre o cal , á altura do 3º nivel, hai un escudo coas armas reais.


Actualmente o cuartel é a base do Tercio Norte da Infantería de Marina. 

Na parte posterior do edificio atópase unha das antigas portas marítimas das murallas de Ferrol, a porta de Fontelonga. Construida na mesma época co cuartel, conta cunha larga escalinata doble que ten unha rampa central e que salva a diferencia de cota entre o que sería o antigo peirao a nivel do mar e o terreno circundante. Na imaxe pódese observar o antigo peirao e o impoñente aspecto que ofrecía o conxunto co cuartel:


Na parte inferior, xunto a entrada e a singular garita que a garda, hai unha pequena construcción con curiosos arcos de traza parabólica na que se atopaba unha fonte que era a que daba nome á fortificación. Hai que destacar tamén como elemento singular de cantería o "arbotante", tamén de traza parabólica, que sirve como apoio do muro e que utiliza o conxunto da garita como contraforte. Actualmente e debido a sucesivos recheos motivados polo crecemento do asteleiro, a porta está moi alonxada do mar, ocupando o lugar do antigo peirao unhas pistas polideportivas.



E tamén reseñable a existencia dun cruceiro, coñecido como "Cruceiro de Fontelonga" situado ao final da escalinata, xunto ao que queda do muro onde se situaba a porta superior do antigo acceso. O conxunto foi restaurado non fai moito estando ao mando do Tercio Norte o coronel ferrolán Juan Feal Vázquez.


O modelo...

O modelo en cuestión abrangue tanto o cuartel como as murallas e a porta de Fontelonga. O terreno resultou un pouco máis engorroso do desexado, xa que foi necesario modelar gran parte do relevo da zona, para conseguir recrear o desnivel que deu lugar á singular configuración da zona. Finalmente creo que o resultado e bastante satisfactorio.



E xa para rematar, as xa tradicionais imaxes do modelo en Google Earth...

Actualizado 29/10/10: Non me convencían nadiña as texturas dos muros, así que usei unhas novas que creo quedan moito mellor. Aquí podedes ver unha imaxe coa textura vella:


E esta é a textura nova:


Penso que é moito mellor e máis acorde co nivel de calidade do resto do modelo. Agora deixo o resto das imaxes, xa coas novas texturas:








E ata aquí todo polo de agora, desculpade pola longuísima publicación, pero é que facía tanto tempo que non subía un modelo novo que xa tiña ganas. Espero que vos guste e agardo voltar pronto con mási cousas. Graciñas!

Saudos ;)

Anxo

martes, 26 de octubre de 2010

Mais progresos. Cuartel de Dolores e Porta de Fontelonga.

Aquí vos traio unhas cantas imaxes do progreso co modelo do Cuartel de Dolores e a antiga porta marítima de Fontelonga. Como veredes a cousa empeza a tomar forma, pero ainda faltan cousas, detalles, texturas... etc, etc





A cousa vai despaciño, porque non podo adicarlle todo o tempo que quixera, pero pouco a pouco o modelo vai avanzando. Espero que a próxima publicación sexa a do modelo rematado.

Saudiños ;)

miércoles, 20 de octubre de 2010

Modelo en Progreso. Cuartel de Dolores e Porta de Fontelonga.

Unha pequena actualización de como vai o modelo do Cuartel de Dolores. Xa ten algunhas texturas, e os volúmenes están xa prácticamente definidos. Queda todavía gran parte da Porta de Fontelonga, ainda que a escalinata xa está modelada e o terreno engadido está prácticamente finalizado.



Tamén faltan ainda algunhas cousas e hai que ir perfilando todo o conxunto. Despois engadirei árbores e algún pequeno detalle. Intentarei que todo sexa un único modelo, ainda que iso vai depender do peso e do nivel de detalle ao que chegue. Veremos que acontece.

Pronto voltarei con máis actualizacións.

Saudos  ;)


Anxo

lunes, 18 de octubre de 2010

Estou de volta e con novo modelo.

Estou de volta, despois de uns días nos que por diferentes motivos non tiven tempo para dedicarlle ao blog nin a modelar, por fin retomei a labor e comecei un novo modelo. Volvo con ganas, así que escollín o Cuartel de Dolores de Ferrol, con todos os seus arredores, incluindo os restos da antiga muralla e da Porta de Fontelonga, antiga porta marítima da cidade. 

Cuartel de Dolores

Porta de Fontelonga

Non sei se ao final terei que dividir o modelo en 2 partes, todo depende do peso que vaia adquirindo, pero en principio vai todo xunto. Polo de pronto hay moi pouca cousa, so algunhas aproximacións de volumen que podedes apreciar na imaxe:


Símplemente acabo de comezar, estou intentando adaptar e crear terreno novo para que se aproxime o máis posible á realidade, xa que nesta zona o desnivel é importante, salvado en gran medida polas antigas murallas. Ademais hai que ter en conta a antiga porta, que ten unha enorme escalinata para descender ao mar. Veremos como se vai solucionando o asunto. Espero voltar pronto con máis avances, xa que, como podedes ver, ainda queda moito que facer.

Un saudo a todos ;)


Anxo

jueves, 30 de septiembre de 2010

De árbores e outras herbas...

Estou nun momento "hictus", ando un pouco liado e non podo atender como quixera a miña labor de modelador 3D, de todas formas non me esquezo deste rinconciño meu e teño na cabeza bastantes ideas e proxectos para novos modelos. Tamén Google se encarga de que non me esqueza dos meus modelos. 

Nunha destas visitas esporádicas que fago de vez en cando pola miña cidade natal en Google Earth botei en falta un modelo que xa levaba colgado e aceptado varios meses. Nada especial, uns árbores ao longo da Rúa Irmandiños de Ferrol. Imaxinade cal foi a miña sorpresa cando descubro que o modelo foi retirado (repito: despois de varios meses colgado) por ser un modelo demasiado complexo...  o modelo en cuestión consta de 517 polígonos e pesa apenas 1 Mb. Sorprendido pola extraña decisión decidín resubir o modelo por iso de tentar a sorte, non vaia a ser que por un erro calquera a cousa fose malinterpretada ou algo. Pero resultei sorprendido dóblemente cando volveron a rexeitar o meu modelo polo mesmo motivo... demasiada complexidade.

Cértamente non me explico onde pode estar o problema, así que decidín dividir o modelo en 2 partes a ver si así vai. Aquí tedes ás dúas partes:



Espero que agora funcione. De todas formas sigo preguntándome o porqué desta decisión por parte da xente de Google. Teño teorías, todas suposicións, sobre os motivos. Pero bueno, esperaremos a ver que deciden respecto aos dous novos modelos.


Como xa dixen, espero voltar pronto con novos modelos, máis novas e proxectos en 3D, pero será un pouco máis adiante. Agora mesmo teño o meu tempo prácticamente ocupado con outros menesteres. Se todo vai ben, regresarei con máis cousas en breve, que ganas non me faltan... :)

Saudos a todos! ;)


Anxo

domingo, 5 de septiembre de 2010

Alex Román. Arte puro en 3D

Fai xa algún tempo que descubrín o traballo de Alex Román, un alicantino nacido en 1979 que reálmente se chama Jorge Seva. Ainda que a cousa non é nova creo que é mais que merecido que faga mención do seu traballo, que moitos xa coñeceredes. Este artista é o autor de The Third & The Seventh, unha das marabillas máis incribles e fermosas da historia da infografía e o 3D. Este rapaz creou el so unha das pezas máis sobrecolledoras e perfectas que xamais veredes ata o de agora no mundo da creación gráfica. Non hai palabras para definir o nivel de perfección alcanzado por este portento da creación infográfica. O límite entre o real e o virtual simplemente desaparece e convírtese en puro arte visual...


Podería pasar a vida enteira intentando describir con palabras o que Alex Román foi capaz de facer usando 3dMax, Vray, AfterEffects, Premiere e (sobre todo) o inconmensurable talento do que a natureza dotou a este rapaz... pero non sería capaz de chegar nin a unha mínima parte do que Alex consigue expresar con imaxes e música, da que tamén e compositor. Podedes ver unha entrevista, e algunhas imaxes que vos deixarán patidifusos, aqui. Pero antes diso, a mellor maneira que hai de entender o que digo e o incalculable valor que ten o seu traballo é ver The Third & The Seventh.

Uns apuntes e recomendacións antes de darlle ao play:

- Todo o que vedes no corto é 3D, creación exclusiva de Alex Román, repito, TODO.
- É moi recomendable, por non dicir obligatorio, ver o vídeo a pantalla completa e con son... porque a experiencia de velo por primeira vez é irrepetible. Dura pouco máis de 10 min, así que recoméndovos que busquedes un momentiño para poder velo con tranquilidade e sen interrupcións.

E dito esto, desfrutade...


The Third & The Seventh from Alex Roman on Vimeo.


Cando deixedes de frotar os ollos e consigades pechar a boca podedes visitar a páxina oficial de The Third & The Seventh para coñecer algo máis desta auténtica marabilla. Eu non podo deixar de alucinar cada vez que o vexo (e xa foron unhas cantas).... "pa mexar e non botar gota". So espero que vos guste a metade do que a min.

Saudiños a todos ;)

Anxo

jueves, 2 de septiembre de 2010

SketchUp 8. Primeiras impresións


Bueno,... despois da estupefacción inicial, conseguín sentarme un momento e darlle un par de voltas rápidas ao novo SketchUp. Podedes ver as novidades resumidas moi ben neste vídeo:



De primeiras, dicir que hai varias cousas que me gustan bastante (con algunha pequena excepción), e tamén hai algunhas cousas que me gustan menos... como o feito de que tan solo os poseedores da versión Pro poderán desfrutar en toda a súa plenitude dos recentemente aparecidos "sólidos", que aforran moitísimo tempo e traballo. 



Ains!, que lle imos facer... tal e como pasaba na versión anterior, só os poseedores da versión de pago desfrutarán tamén do LayOut 3, (algo perfectamente previsible) e do resto de utilidades que antes disfrutaban os usuarios da Pro.

Imos agora coas novidades que todos os demais mortais podemos desfrutar... :)

Para empezar, gústame o novo xeito de xeo-localizar os modelos, sen necesidade de ter Google Earth aberto... directamente ábrese unha fiestra con google maps, que ademais permite unha búsqueda por dirección, e podes selecionar o terreno que che pete para modelar. So vexo unha pega, non podes rotar a selección para alinear a xeometría do edificio coa do terreno seleccionado... o cal pode ser un pouco molesto dependendo da forma do edificio. Un pequeno "fallo" ao que espero atopen unha solución no futuro, ainda que non é moi grave tampouco.

As imaxes do terreno son en cor!!, e ademais a textura do mesmo é por defecto en "proxección" co que prácticamente non temos que importar imaxes de google nin editar o terreno nin as texturas para usalas co noso modelo... simplemente usar o contagotas e pintar... E por se fose pouco, o terreno e moito máis detallado que en SketchUp 7!. Isto encántame, e ademais aforra un montón de tempo.

O que era bastante previsible é o encontro con Building Maker. O desenrolo que tomou o programa de modelado online facia necesario unha ligazón máis directa dende SketchUp que agora se materializou. A verdade é que nunca me gustou moito o Building Maker, pero recoñezo que hai xente que fai maravillas con el.

No referente aos "sólidos", a única utilidade que poderemos utilizar os usuarios da versión gratuita  de SketchUp e a de "Outer Shell", algo así como un "caparazón" que recubre varios grupos ou compoñentes nun so. Algo que pode resultar moi interesante para algunhas cousas. Menos da unha pedra.

Estás son así, as máis destacables ao meu parecer, ainda que non son as únicas!...

Parece que por fin se decidiron a mellorar a ferramenta Match Photo, que tan engorrosa resultaba ás veces. Ainda non tiven oportunidade de probala, pero todo o que sexa mellora será ben recibido.


Mellorouse a fiestra de "Escenas" engandindo unha pequena previsualización de cada unha das escenas que vaiamos creando, o que axuda bastante no recoñecimento a simple vista de cada unha delas.

Agora na fiestra de "Estilos" podemos decidir se queremos ver as aristas ocultas, e o que é mellor, podemos seleccionalas!! :)




Tamén poderemos calcular volúmenes.




Todas as ferramentas de modificación funcionan agora tamén preseleccionando a cara en cuestión que queremos modificar.



Polo de agora non me vou a extender máis, despois dunha mirada rápida (non tiven tempo a meterme a fondo) creo que estou ben contento coas novas melloras... Espero quitarlles todo o partido posible, e que todos vos o fagades tamén... jeje. A gora so falta poñerse man á obra e desfrutar...

Espero voltar pronto cun novo modelo creado dende SketchUp 8!!

Por suposto, para saber máis sobre o tema e investigar pola vosa conta acudide á fonte oficial, onde vos contarán todo con máis propiedade do que o poda facer eu. :P

Saudiños ;)


Anxo