jueves, 13 de mayo de 2010

Novo modelo!, "As Amarelas"

Ola de novo,

Rematei un novo modelo para o barrio de Caranza, en Ferrol. Trátase da unidade veciñal nº 3, popularmente coñecida com "As Amarelas" ou tamén "As Torres". Son 5 torres residenciais que orixinalmente estaban pintadas dunha cor amarela moito máis viva que a actual, á que lle deben o seu sobrenome. Do mesmo xeito, todas as persianas das fiestras era dunha cor azul que lle daba a todo o conxunto un aspecto moi característico. Actualmente a maior parte das persianas foron substituidas polos propietarios das vivendas por outras mais comúns ou de cores diferentes, perdendo o conxunto parte do aspecto peculiar que tiña orixinalmente.


O barrio de Caranza foi construido na década dos 70 para realoxar á poboación do histórico barrio de Esteiro, derribado por unha decisión propia daquelas datas na que non se valoraba a importancia do patrimonio histórico que se perdia. Estas torres foron uns dos primeiros edificios que se construiron no barrio.


Enlace na galería 3D: Unidade veciñal 3 "As Amarelas"

O modelo inclue parte do terreno circundante para adaptalo o máis posible á realidade e á topografía de Google Earth. Tamén encaixa co modelo da unidade veciñal 2 "As Rosas" que xa se encontra na capa 3D.

Agora, as acostumadas imaxes en Google Earth...








Espero que vos guste... 

Saudos ;)

No hay comentarios: